Rescate de Animais XEA Concello de Rois

Rescate de Animais XEA Concello de Rois Unico espazo Oficial do servizo publico de Benestar Animal do Concello de Rois , para concienciar so

Gatiño moi cariñoso, recatado no Concello de Rois, en Urdilde 😿. Sabes de quen é ou é teu? Contacta no maill xea@xeagali...
14/08/2024

Gatiño moi cariñoso, recatado no Concello de Rois, en Urdilde 😿. Sabes de quen é ou é teu? Contacta no maill [email protected] se podes axudar para que volva axiña á súa casa. Moitas grazas por colaborar!

Rescatámolo no Concello de Rois, na zona de Antequeira. Sabes de alguén a quen se lle extraviara? Coñécelo? Se sabes alg...
13/08/2024

Rescatámolo no Concello de Rois, na zona de Antequeira. Sabes de alguén a quen se lle extraviara? Coñécelo? Se sabes algo del contacta con nós no mail [email protected] para que volva coa súa familia o antes posible. Grazas por colaborar! 🙌

Lupe xa ten fogar, grazas á decisión dunha familia que vai pasar con ela o resto da súa vida coidándoa e recibindo todo ...
07/08/2024

Lupe xa ten fogar, grazas á decisión dunha familia que vai pasar con ela o resto da súa vida coidándoa e recibindo todo o seu cariño incondicional. 💕 Parabéns para ela e para a familia, desexámosvos moitísima felicidade!

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Este pequerrecho é Ned, e agarda ben coidadiño onda nós mentres non chega unha familia disposta a adoptalo responsableme...
22/07/2024

Este pequerrecho é Ned, e agarda ben coidadiño onda nós mentres non chega unha familia disposta a adoptalo responsablemente. Os seus irmáns xa marcharon todos para os seus novos fogares, só queda el. 😍 Queres adoptalo? Contacta connosco no mail [email protected] e farémolo doado e axiña.

Os tres cachorriños desta camada que quedaban con nós xa teñen fogar tamén. 👏👏👏 Agradecemos profundamente ás familias a ...
18/07/2024

Os tres cachorriños desta camada que quedaban con nós xa teñen fogar tamén. 👏👏👏 Agradecemos profundamente ás familias a súa decisión responsable de adoptalos e desexámoslles a todos estes pequenos e ás súas familias unha vida moi feliz xuntos! 💛 Noraboa!

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Outros dous pequechiños que xa teñen fogar e familia para vivir o resto da súa vida felices e rodeados de amor. 😍😍Parabé...
16/07/2024

Outros dous pequechiños que xa teñen fogar e familia para vivir o resto da súa vida felices e rodeados de amor. 😍😍Parabéns a eles e ás súas familias, mil grazas! 🙌Que vivades moitísimos momentos inesquecibles xuntos!

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Chegou a familia ideal para este bonitiño e fixo as cousas como hai que facelas: ben! Agora o pequeno ten un novo nome, ...
15/07/2024

Chegou a familia ideal para este bonitiño e fixo as cousas como hai que facelas: ben! Agora o pequeno ten un novo nome, un fogar e o cariño que ten que ter para medrar feliz! 😍 Noraboa, moitísimas grazas!

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Mira a Lupe e imaxina a túa vida con ela, xogando, paseando, coidándovos e dándovos un cariño inmenso...😍 O ves claro? P...
11/07/2024

Mira a Lupe e imaxina a túa vida con ela, xogando, paseando, coidándovos e dándovos un cariño inmenso...😍 O ves claro? Para adoptala legalmente contacta con nós no mail [email protected] e o noso equipo de adopcións estará contigo dende o primeiro momento. Falamos?

Buscas un cachorriño ou cachorriña completar a túa familia adoptando? 😍 Temos con nós estes preciosos pequerrechos dispo...
11/07/2024

Buscas un cachorriño ou cachorriña completar a túa familia adoptando? 😍 Temos con nós estes preciosos pequerrechos dispoñibles, agardando un fogar no que medrar e vivir felices dando e recibindo cariño. Pénsao ben, e falamos para coñecernos. Contacta connosco no mail [email protected] e toma a mellor decisión para a túa vida e a súa! 💞

Queres adoptar ou coñeces a alguén que estea valorando facelo de maneira responsable, e nun centro legal que lle poña as...
26/06/2024

Queres adoptar ou coñeces a alguén que estea valorando facelo de maneira responsable, e nun centro legal que lle poña as cousas doadas? 🤗 Contacta connosco no correo [email protected] para coñecernos e coñecer a moitos amigos e amigas que están soñando coa chegada dunha familia que lle ofreza a oportunidade de encher o seu fogar de amor incondicional! 💙

A primeira fin de semana do verán arranca con moi boas novas👏🏼👏🏼. Agardamos que vos sigades animando a adoptar de xeito ...
21/06/2024

A primeira fin de semana do verán arranca con moi boas novas👏🏼👏🏼. Agardamos que vos sigades animando a adoptar de xeito responsable, coma fixeron as novas familias de S**a e de Abel. Miles de grazas e toda a felicidade do mundo! 💚💙

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Levaba pouco tempo con nós, pero non tardou en chegar unha familia que quixo darlle un fogar e todo o cariño que merece....
17/06/2024

Levaba pouco tempo con nós, pero non tardou en chegar unha familia que quixo darlle un fogar e todo o cariño que merece. Puxéronlle de nome Goku e xa empeza a mellor etapa da súa vida, coidado como ten que ser. Ata sempre, bonito! 👋🏼👋🏼Noraboa e miles de grazas á familia por adoptar facendo as cousas como hai que facelas: ben! 🙌🏼

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Xa chegou a familia perfecta para Yani! A foto é de cando chegou hai uns meses, pero agora xa vai toda guapa e peiteadiñ...
06/05/2024

Xa chegou a familia perfecta para Yani! A foto é de cando chegou hai uns meses, pero agora xa vai toda guapa e peiteadiña! Que sexas moi feliz no teu novo fogar, dalles moitísimo cariño e alegrías! Ata sempre e moitas grazas para esa familia estupenda! 🙌🙌

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Mira a cariña de Ledo e pensa se queres ofrecerlle a oportunidade de compartir contigo o teu fogar o resto da súa vida. ...
02/05/2024

Mira a cariña de Ledo e pensa se queres ofrecerlle a oportunidade de compartir contigo o teu fogar o resto da súa vida. Si? Se o tes ben claro contacta connosco no mail [email protected] e falamos para facelo ben, áxil e doado. Aquí estamos agardando por ti! 🤗

Rescatamos este can no Concello de Rois, pola zona de Liñares. Coñécelo ou sabes de quen é? Se podes dar algunha informa...
22/04/2024

Rescatamos este can no Concello de Rois, pola zona de Liñares. Coñécelo ou sabes de quen é? Se podes dar algunha información sobre el, contacta no correo [email protected]. Grazas por colaborar!

APARECEU A SÚA FAMILIA, MOITAS GRAZAS! 🤗 ___________________________________________________________Rescatamos esta cade...
10/04/2024

APARECEU A SÚA FAMILIA, MOITAS GRAZAS! 🤗 ___________________________________________________________
Rescatamos esta cadela no Concello de Rois, pola zona de O Sixto, onde Serigrafía Díaz. Recoñécela? Sabes de quen é? Para que volva axiña cos seus donos, cóntanos o que saibas dela no mail [email protected], por favor. 🙏 Agradecemos a difusión!

S**a necesita un fogar, queres que esta bonitiña sexa parte da túa familia? 😍 Para adoptala responsablemente escribe a x...
26/02/2024

S**a necesita un fogar, queres que esta bonitiña sexa parte da túa familia? 😍 Para adoptala responsablemente escribe a [email protected] e faremos contigo o proceso legal áxil e doado.

Cadela rescatada onte no Concello de Rois, en Urdilde. Coñécela ou sabes de quen é? Por favor se é túa ou de alguén que ...
17/02/2024

Cadela rescatada onte no Concello de Rois, en Urdilde. Coñécela ou sabes de quen é? Por favor se é túa ou de alguén que coñeces, contacta no correo [email protected] para que volva axiña a casa. Grazas!

Sonic desapareceu da súa casa no Concello de Rois e a súa familia anda a buscalo. Podes axudar con algunha información? ...
09/02/2024

Sonic desapareceu da súa casa no Concello de Rois e a súa familia anda a buscalo. Podes axudar con algunha información? Se o ves ou sabes del, por favor escribe a [email protected]. Grazas pola colaboración!

O seu nome agora é Billly, a súa vida agora vai ser moi diferente... Rodeado da calor dun fogar e unha familia. 🙌 Norabo...
07/02/2024

O seu nome agora é Billly, a súa vida agora vai ser moi diferente... Rodeado da calor dun fogar e unha familia. 🙌 Noraboa para este amiguiño e para a familia á que vai encher de cariño e bos momentos!

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

E chegou esa familia para cambiarlle a vida! Adoptárona legalmente e puxéronlle de nome Nala. 💗 Que boa decisión, miles ...
05/02/2024

E chegou esa familia para cambiarlle a vida! Adoptárona legalmente e puxéronlle de nome Nala. 💗 Que boa decisión, miles de grazas! Que sexades moi felices para sempre!

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Aquí temos a Rott, disposto para chegar á túa vida e enchela de amor incondicional e lealdade. Será o teu fogar o ideal ...
05/02/2024

Aquí temos a Rott, disposto para chegar á túa vida e enchela de amor incondicional e lealdade. Será o teu fogar o ideal para darlle esa a oportunidade? Para adoprar responsablemente contacta con nós no correo [email protected] e falamos para facelo ben!

Tes idea de quen é este canciño rescatado no Concello de Rois? Se podes axudar para que volva coa súa familia, contacta ...
26/01/2024

Tes idea de quen é este canciño rescatado no Concello de Rois? Se podes axudar para que volva coa súa familia, contacta connosco no correo [email protected]. Grazas por colaborar! 🙏

Esta preciosidade de cadela agarda onda nós a chegada unha familia que lle cambie a vida 😍. Tes ben pensado adoptar de x...
24/01/2024

Esta preciosidade de cadela agarda onda nós a chegada unha familia que lle cambie a vida 😍. Tes ben pensado adoptar de xeito responsable e queres levar a Blodi ao teu fogar para coidala e que vos coide para sempre? Escribe ao mail [email protected] e farémolo ben, doado e axiña.

A súa familia chámalle Nala, e ofreceulle o seu fogar de xeito responsable e facendo as cousas ben. Noraboa para esta ca...
22/01/2024

A súa familia chámalle Nala, e ofreceulle o seu fogar de xeito responsable e facendo as cousas ben. Noraboa para esta cadeliña e para a familia, mil grazas, e a ser moi felices con ela! 🙌

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Dous amiguiños máis que marchan encantados para vivir rodeados da calor dun fogar. Noraboa a Lina e Roi, e mil grazas ás...
18/01/2024

Dous amiguiños máis que marchan encantados para vivir rodeados da calor dun fogar. Noraboa a Lina e Roi, e mil grazas ás súas familias por facelo posible! 👏👏

Se ti tamén queres adoptar nun centro legal, escribe ao correo [email protected].

Este é Brío, pódese ser máis bonito? 😻 Se ao miralo ves un novo membro da túa familia, podes pensalo ben e contactar con...
08/01/2024

Este é Brío, pódese ser máis bonito? 😻 Se ao miralo ves un novo membro da túa familia, podes pensalo ben e contactar connosco no mail [email protected] para facer unha adopción responsable e legal.

Esta absoluta beleza de cadela foi rescatada no Concello de Rois. Coñécela, sabes de quen é? Se coñeces á súa familia, a...
03/01/2024

Esta absoluta beleza de cadela foi rescatada no Concello de Rois. Coñécela, sabes de quen é? Se coñeces á súa familia, avísalles ou contacta connosco no correo [email protected], por favor.🙏 Moitas grazas!

Gatiño moi cariñoso rescatado no Concello de Rois, pola zona da Covela. Coñeces aos seus donos? Avísaos e poñédevos en c...
28/12/2023

Gatiño moi cariñoso rescatado no Concello de Rois, pola zona da Covela. Coñeces aos seus donos? Avísaos e poñédevos en contacto con nós no correo [email protected], por favor. Moitas grazas!

22/12/2023

Como cada ano, paralizamos as adopcións ata o 7 de xaneiro. Facémolo fieis ao noso compromiso polas adopcións meditadas, baseadas no responsabilidade de compartir vida cun novo membro na familia para sempre.

Seguiremos informando dos animais que están dispoñibles para adoptar, pero non faremos efectivas as entregas ata despois das festas.

Dirección

Rois

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Rescate de Animais XEA Concello de Rois publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Rescate de Animais XEA Concello de Rois:

Compartir


Otros tiendas de mascotas en Rois

Mostrar Todas

También te puede interesar