17/11/2023
UN FOGAR PARA VIDA NESTE 2024
📢Precisamos a vosa axuda máis que nunca. Comparte entre as túas amizades a historia de Vida, porque necesitamos atoparlle un fogar. Info para adoptala, acollela ou doazóns no final da mensaxe⬇️
En abril do 2018 Vida foi abandonada no medio do monte de forma moi cruel. Atada a unha árbore, retida, sen permitirlle polo menos loitar por sobrevivir [foto 2] 😓 Por sorte, o destino quixo que voluntarias da Asoc.Os Peludiños foran avisadas e correron ao seu rescate. Chegar a ela non foi sinxelo, pero unha vez conseguido atoparonse unha cadela moi asustada, que a pesar da súa extrema delgadez facía por se achegar para recibir un pouco dese amor que tanto desexaba coñecer.
Posteriormente ao rescate foron moitas as persoas interesadas en adoptar a Vida, pero debido ás denuncias en curso que había contra a persoa que a abandonara no monte, Vida non puido ser adoptada.
Pasou o tempo e Vida estivo durante 3 anos nas instalacións desta asociación, sendo unha das cadelas máis marabillosas de todas as que pasaron por alí. Con todo finalizou a actividade desta asociación e dende fai 3 anos Vida vive nunha residencia a esperas do seu fogar definitivo. Por fin xa non hai ningún tipo de asunto legal que a prive de conseguir un fogar, pero agora non hai familias interesadas en Vida. Os gastos da súa estancia na residencia fanse cada día máis grandes e as persoas que queremos axudarlle xa non sabemos como afrontar esta situación 💔
Nada nos faría máis felices que conseguir un fogar para Vida antes de rematar o ano. Para que Vida poida coñecer a calor dun fogar e comezar o 2024 sendo parte dunha marabillosa familia. A nosa misión é: un fogar para Vida antes de rematar o 2023!
Vida é un cruce de mastín de aprox 10 anos, moi dócil e agradecida✨️. O que ten de grande, teno de amorosa e simpática. Por suposto, entrégase castrada, vacunada, desparasitada e con microchip.
☎️Toda a información para adoptala, acollela ou apadriñala no 644510345
Ademais, podes facer un bizum ao teléfono 644510345 para axudarnos a pagar os seus gastos da residencia mentres tanto, que son moitos e levan sen pagar meses 😔. Moitas grazas de 🧡