05/02/2025
Hai tempo que non publico nada pero os tempos son chegados .
Estannos afogando cun decreto mal pensado , peor plantexado e escandalosamente punitivo .
Que saibades que o criterio clínico dos veterinarios xa non conta para nada convertíndonos en meros lectores de prospectos .
Ainda que saibamos que tal medicamento vai ser efectivo para unha patoloxía en concreto se non està reflexado na ficha técnica non o podemos usar ; por certo fichas técnicas obsoletas na sua maioría e , claro , òs laboratorios saelles caro actualizalos co cal pasan .
Sufrimos unha limitación excesiva e con pouco criterio no uso de antibioticos o que nos dificulta o tratamento coa celeridade necesaria . As mascotas estàn en risco .
É insufrible a situación que estamos a vivir , conto con que cerren clínicas e autònomos deixen de traballar na sua profesión , na maior parte vocacional , nos que por suposto me inclúo.
Non sei o tempo que lle quedarà a Tralocán , de momento iréi capeando o temporal pero non pinta ben .
Lexislaciòns de despachos cunha profunda ignorancia do que pasa na rua e na vida , se me apuras .
Perdoade o tostòn
Parece que por fin se estàn movendo cousas entre os veterinarios e vexo unha unión que non vira antes ; estanse cocendo actos , manifestaciòns , movilizacions nas que precisamos da vosa colaboración .
Pola saude dos animáis de acompañamento e da tan cacarexada " one health"...NON Ò Rd 666/23