VetCur, Clínica Veterinaria

VetCur, Clínica Veterinaria VetCur, lo mejor para tu mascota
(10)

" Lo mejor para tu mascota"
URGENCIAS 24H, radiodiagnóstico, ecografía, electrocardiografía, analítica clínica, cirugía, odontología, hospitalización, identificación, medicina interna,peluquería, tienda de alimentación y accesorios.

❗️ Compartimos caso externo:⚠️ Esta cadela apareceu en Sendelle, Boimorto. Está acollida na casa de quen a atopou para e...
06/08/2024

❗️ Compartimos caso externo:

⚠️ Esta cadela apareceu en Sendelle, Boimorto. Está acollida na casa de quen a atopou para evitarlle o estrés de ir á protectora.

☎️ Se é a túa cadela, ponte en contacto con Jose Manuel no 637051215.

Comparte esta publicación para que chegue á súa familia e poida voltar ao seu fogar. 🙏🏻

❗️ Compartimos caso externo:⚠️ Esta cadela apareceu en Sendelle, Boimorto e foi trasladada á protectora.Comparte esta pu...
06/08/2024

❗️ Compartimos caso externo:
⚠️ Esta cadela apareceu en Sendelle, Boimorto e foi trasladada á protectora.
Comparte esta publicación para que chegue á súa familia e poida voltar ao seu fogar. 🙏🏻

👉  está de garda esta fin de semana. Se tes unha urxencia, alí atenderán ao teu peludo.📌 Polígono Costa Vella, Rúa de Po...
03/08/2024

👉 está de garda esta fin de semana. Se tes unha urxencia, alí atenderán ao teu peludo.

📌 Polígono Costa Vella, Rúa de Polonia, 9, Santiago de Compostela
☎ 881 97 39 97

🥵 Os golpes de calor son moi perigosos para as persoas e os animais, pero podemos evitalos. Aquí tes uns consellos para ...
01/08/2024

🥵 Os golpes de calor son moi perigosos para as persoas e os animais, pero podemos evitalos. Aquí tes uns consellos para detectalos a tempo e tratalos. 👇

👨‍⚕️ Actuar con rapidez pode salvar a súa vida. Se cres que o teu peludo pode estar sufrindo un golpe de calor, acude de inmediato á nosa clínica.

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

⚠️⚠️ COÑECES A ESTE CAN? ⚠️⚠️Apareceu esta mañá na área recreativa do Roseo en Vilasantar. É bo, macho e non ten microch...
30/07/2024

⚠️⚠️ COÑECES A ESTE CAN? ⚠️⚠️

Apareceu esta mañá na área recreativa do Roseo en Vilasantar. É bo, macho e non ten microchip, pero parece coidado.

☎️ Se é teu, chama ao 660 771 931.
🙏🏻 Se non, por favor, comparte esta publicación para atopar á súa familia.

🥵 Cando fai moito sol e calor o asfalto requécese e pode mancar gravemente as patiñas dos nosos peludos. Por iso o mello...
29/07/2024

🥵 Cando fai moito sol e calor o asfalto requécese e pode mancar gravemente as patiñas dos nosos peludos. Por iso o mellor é evitar as horas de máis calor e pasealos cando a temperatura sexa máis baixa, a primeira hora da mañá ou última da tarde.

Se tes dúbida sobre a temperatura do chan, deixámoste un truco:

🖐Pon a palma da túa man sobre o asfalto, beirarrúa, etc.
✅ Se aguantas 5 segundos sen problema, as patas do teu can estarán a salvo.
❌ Se queima tanto que non o podes soportar, é mellor que agardes a que baixe a temperatura para saír pasear.

Se o teu peludo ten as almofadas agrietadas, con feridas ou queimaduras, pide cita na nosa clínica. ☎️

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

🐱👨‍⚕️🐶 Esta fin de semana estamos de garda!Se tes algunha urxencia veterinaria, chámanos de inmediato.☎️ 981 786 067En V...
27/07/2024

🐱👨‍⚕️🐶 Esta fin de semana estamos de garda!
Se tes algunha urxencia veterinaria, chámanos de inmediato.
☎️ 981 786 067

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

🩵 O Día de Galicia, 25 de xullo, a clínica permanecerá pechada por festivo autonómico. Se tes unha urxencia veterinaria,...
24/07/2024

🩵 O Día de Galicia, 25 de xullo, a clínica permanecerá pechada por festivo autonómico.
Se tes unha urxencia veterinaria, estará de garda.

📌 Polígono Costa Vella, Rúa de Polonia, 9, Santiago de Compostela
☎ 881 97 39 97

🐶🐱 As revisións veterinarias son moi importantes para detectar doenzas e previr problemas. Igual que as persoas facemos ...
23/07/2024

🐶🐱 As revisións veterinarias son moi importantes para detectar doenzas e previr problemas. Igual que as persoas facemos chequeos rutinarios, para os animais está recomendada unha revisión anual cando teñen menos de dez anos.

⚠️ No caso dos peludos de máis idade e os que teñan enfermidades crónicas, debemos extremar precaucións.

Pide cita na nosa clínica para máis información! ☎️

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

ℹ️ Esta fin de semana está de garda a Clínica Veterinaria Melide. Se tes unha urxencia, acude ou chama:📍 Rda. Pontevedra...
20/07/2024

ℹ️ Esta fin de semana está de garda a Clínica Veterinaria Melide. Se tes unha urxencia, acude ou chama:

📍 Rda. Pontevedra, 58, baixo
☎️ 981 50 78 90

🌡 Como xa sabedes, os parásitos son unha ameaza para os nosos peludos durante todo o ano. Pero, a medida que suben as te...
18/07/2024

🌡 Como xa sabedes, os parásitos son unha ameaza para os nosos peludos durante todo o ano. Pero, a medida que suben as temperaturas, os parásitos vólvense máis activos e o perigo aumenta.

👉 Ademais das molestias directas que poden producir, como o picor das pulgas ou a perda de sangue polas carrachas, a maior ameaza son as enfermidades que poden transmitir os parásitos, como a de Lyme, a babiose ou a leishmaniose.

🐶 Por sorte, agora temos unha nova medida antiparasitaria, moito máis cómoda e económica! Co Bravecto inxectable, cunha soa aplicación, o teu peludo estará protexido contra parásitos externos durante todo un ano. Máis sinxelo, imposible!

☎️ Se tes algunha dúbida, chámanos e aconsellarémosche o mellor para o teu can.

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

‼️ Traemos unha novidade que te facilitará moito a vida e protexerá ao teu can!🐶 Xa temos dispoñible na nosa clínica o n...
15/07/2024

‼️ Traemos unha novidade que te facilitará moito a vida e protexerá ao teu can!

🐶 Xa temos dispoñible na nosa clínica o novo Bravecto inxectable anual, unha marabilla que protexerá ao teu can de parásitos externos durante todo un ano cunha soa aplicación. Máis cómodo, imposible!

🌡 Xa sabedes que os parásitos externos están activos todo o ano, aínda que rebulen máis a medida que aumentan as temperaturas. Ademais de provocar picores, molestias, anemia pola perda de sangue e afeccións cutáneas; as carrachas e pulgas son transmisoras de enfermidades como a babiose, borreliose ou ehrlichiose, que poden poñer en perigo a vida do teu peludo. 😟

Agóchanse en calquera sitio, tanto no exterior como no noso fogar, polo que o máis efectivo é protexer ao teu can cun antiparasitario. E co Bravecto inxectable poderás esquecerte dos parásitos externos durante todo un ano! Ademais, sae máis económico que o tratamento tradicional trimestral. 🙌

👉 É aplicable en cans a partir de 2 quilogramos de peso e 6 meses de idade.

☎️ Para máis información, ponte en contacto coa nosa clínica!

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

🐱 Se convives cunha gata seguro que algunha vez pasaches pola súa época de celo, pero sabes todo o que deberías para ent...
11/07/2024

🐱 Se convives cunha gata seguro que algunha vez pasaches pola súa época de celo, pero sabes todo o que deberías para entendelo? Contámoscho! ⤵️

☝️ O primeiro que debes saber é que as gatas teñen ovulación inducida. Esto que significa? Que, mentres que nas mulleres a ovulación (liberación dun óvulo maduro do ovario) é cíclica, nas gatas é provocada pola m***a. Polo tanto, pódese dicir que non hai unha época segura para evitar a reproducción das gatiñas. Se non se produce fecundación, o ciclo vólvese repetir. 😅

✋ O ciclo reprodutivo das gatas divídese en cinco etapas:
🔹 Proestro (fase previa ao celo)
🔹 Estro (celo)
🔹 Interestro
🔹 Diestro (fase intermedia)
🔹 Anestro (fase de repouso)

🐈 O primeiro celo sucede entre o cuarto e o duodécimo mes de vida da gata, pero varía segundo o tamaño do animal. Polo xeral, a madurez sexual chega cando alcanzan o 80% do peso definitivo, polo que as gatas de máis tamaño maduran máis tarde que as pequenas.

Como sabemos se a nosa gata está en celo?
🔹 Está moi apegada e agarimosa.
🔹 Envorcállase polo chan.
🔹 Come pouco.
🔹 Expulsa unha secreción branca.
🔹 Marca con ouriños.
🔹 Miaña moito.

❗️ Como xa sabedes, esterilizando ás gatas, ademais de evitar o celo e a reproducción non desexada, podemos evitar ou reducir a probabilidade de que sufra moitas enfermidades, como varios tipos de cancro. Tamén hai outros métodos anticonceptivos. Se queres saber máis, podes pedir cita na nosa clínica para que te aconsellemos.

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

👂 Igual que as nosas, as orellas dos nosos peludos poden acumular cera e suciedade, polo que unha rutina de hixiene bene...
09/07/2024

👂 Igual que as nosas, as orellas dos nosos peludos poden acumular cera e suciedade, polo que unha rutina de hixiene beneficiará moito o seu benestar e evitará posibles infeccións.

🧐 Hai diferentes produtos para profundizar na limpeza, dependendo do animal. Por exemplo, os cans que teñen as orellas grandes e colgando adoitan ter máis cera; mentres que os que as teñen sempre erguidas poden acumular lixo externo.

➡️ O normal é limpalas unha vez á semana, pero tamén varía segundo o tipo de orellas. A suciedade externa pódese limpar cunha gasa húmida, pero o oído medio e interno precisará un produto específico, xa que hai que lograr que a cera saia, non empurrala cara o interior.

👉 Se notas que o teu peludo se rasca moito as orellas, pide cita na nosa clínica! Pode deberse a unha ferida, ácaros, alerxia, dermatite, otite...

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

⚠️ CANS PERDIDOS ⚠️ COMPARTE, POR FAVOR 🙏🏻 Estes dous cans perdéronse na zona de Tieira Grande, Cabrui.☎️ Se os ves, avi...
05/07/2024

⚠️ CANS PERDIDOS ⚠️ COMPARTE, POR FAVOR 🙏🏻

Estes dous cans perdéronse na zona de Tieira Grande, Cabrui.

☎️ Se os ves, avisa ao 669 905 976 ou 630 059 479

Por favor, comparte está publicación para que podan voltar coa súa familia canto antes. 🙏🏻

🔙 Como vos diciamos en anteriores publicacións, a suor é unha función corporal esencial para regular a temperatura corpo...
04/07/2024

🔙 Como vos diciamos en anteriores publicacións, a suor é unha función corporal esencial para regular a temperatura corporal. Non obstante, o mecanismo de sudoración dos gatos é moi distinto ao noso. Contámoscho! ⤵️

🐱 Os michiños teñen un número limitado de glándulas sudoríparas, principalmente nas almofadas. Cando fai calor, ás veces podes ver pegadiñas húmidas no chan ao paso dos gatos. Pero ademais atopamos este tipo de glándulas no queixo, nos beizos e no ano.
👉 Porén, non todos os gatos súan igual. Algunhas razas, como o exipcio ou o peterbald, teñen glándulas sudoríparas por todo o corpo e transpiran dun xeito xeral, coma nós.

🌡 Agora que suben as temperaturas debemos tomar precaucións para evitar os terribles golpes de calor, que poden ser mortais. Así pois, asegúrate de que os michos teñan sempre auga fresca á súa dispoñibilidade e que beban, xa que ás veces reducen o consumo. En moitas ocasións os gatos prefiren beber auga corrente e non estancada, polo que un bo xeito de estimular a inxesta de auga é facilitándolle auga en movemento. Tamén a comida húmida é un bo xeito de darlle un aporte extra de auga. 💧

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

🥵 A suor é o noso mecanismo termorregulador, pero como refrescan os cans o seu corpo? Contámoscho! ⤵️💦 As persoas temos ...
02/07/2024

🥵 A suor é o noso mecanismo termorregulador, pero como refrescan os cans o seu corpo? Contámoscho! ⤵️

💦 As persoas temos glándulas sudoríparas por todo o noso corpo que se activan cando sube a temperatura. Pero os cans teñen moi poucas concentradas nas almofadas das patas.
Non obstante, os peludos eliminan a maior parte da calor do seu corpo a través da boca! Por iso cando fai calor ou fan moito exercicio respiran coa boca aberta e a lingua fóra
En menor medida, tamén eliminan calor a través das orellas e a face.

As temperaturas xa van subindo, así que non perdas de vista as nosas redes sociais para coñecer todos os trucos para manter ao teu peludo fresco. 🌬

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

ℹ️ Esta fin de semana está de garda a Clínica Veterinaria Melide. Se tes unha urxencia, acude ou chama:📍 Rda. Pontevedra...
29/06/2024

ℹ️ Esta fin de semana está de garda a Clínica Veterinaria Melide. Se tes unha urxencia, acude ou chama:
📍 Rda. Pontevedra, 58, baixo
☎️ 981 50 78 90

⚠️ Gatiña desaparecida onte en Penedo de Teixeiro!É caseira e asustadiza, non está acostumada a estar fóra. Se a ves, po...
26/06/2024

⚠️ Gatiña desaparecida onte en Penedo de Teixeiro!
É caseira e asustadiza, non está acostumada a estar fóra. Se a ves, por favor, chama ao 672 838 596

Por favor, comparte esta publicación para que poda volver canto antes coa súa familia. 🙏🏻

👃🐶 Todo o mundo sabe que os cans teñen un olfacto moi superior ao noso. De feito, mentres que nós temos uns 6 millóns de...
25/06/2024

👃🐶 Todo o mundo sabe que os cans teñen un olfacto moi superior ao noso. De feito, mentres que nós temos uns 6 millóns de receptores olfactivos, os cans teñen uns 250 millóns! É o seu sentido primordial, o que máis información lles aporta do medio, e a parte do cerebro encargada de procesar este sentido é a máis grande. Ademais contan cun órgano moito máis desenvolto que nós. Contámoscho!

👉 Trátase do órgano vomeronasal ou órgano de Jacobson, unha estrutura en forma de s**o ubicado detrás dos incisivos, sobre o padar. É primordial no procesamento da información que o can recolle a través do olfacto e permítelles ulir cousas invisibles, como as hormonas, feromonas, procesos biolóxicos....

🙋 No caso das persoas, hai un debate sobre a súa funcionalidade. Tradicionalmente pensábase que era un órgano vestixial, como o apéndice ou o cóccix, debido á súa pouca vascularización. Non obstante, outras teorías defenden que o órgano vomeronasal ten un rol relevante na captación de fermonas que causan cambios a nivel fisiolóxico, como a atración sexual, a sincronización da menstruación nas mulleres que conviven ou o vínculo materno-filial neonatal.
🙌 O que é innegable, igual que pasa co sentido do olfacto, é que o dos nosos peludos é moi superior ao noso!

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

🐱👨‍⚕️🐶 Mañá, tras lavar a cara coa auga de herbas de San Xoán, estamos de garda!Se tes algunha urxencia veterinaria, chá...
23/06/2024

🐱👨‍⚕️🐶 Mañá, tras lavar a cara coa auga de herbas de San Xoán, estamos de garda!

Se tes algunha urxencia veterinaria, chámanos de inmediato.
☎️ 981 786 067

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

🐶 Sabías que a trufa é única en cada peludo e funciona como a nosa impresión dixital? 💦 Polo xeral adoita estar húmida, ...
20/06/2024

🐶 Sabías que a trufa é única en cada peludo e funciona como a nosa impresión dixital?

💦 Polo xeral adoita estar húmida, o que favorece a captación de olores, pero a humidade varía. Non obstante, se a trufa do teu peludo está moi seca, ten gretas ou presenta unha secreción anormal, pode indicar algún problema de saúde. Neste caso, podes pedir cita na nosa clínica para que lle botemos un ollo. 😉

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

🐱 Hoxe imos falar da bolsa de Henry ou bolsa marxinal cutánea, un pequeno prego que se atopa na parte inferior do pavill...
18/06/2024

🐱 Hoxe imos falar da bolsa de Henry ou bolsa marxinal cutánea, un pequeno prego que se atopa na parte inferior do pavillón auditivo externo, creado un prqueno oco.

🤔 E para que serve? Pois a verdade é que descoñecemos o seu propósito evolutivo, pero a hipótese máis estendida é que está relacionado coa deteción dos sons de alta frecuencia, dando información ao gato sobre a orientación espacial ou a direción específica da orixe do son. É dicir, a teoría é que actúa como separador de sons, facendo que os tons graves reboten no interior da bolsa, dando prioridade aos tons máis altos ou agudos.
👂 Ademais, pénsase que pode permitir unha maior eficacia no movemento das orellas, fortalecendo os músculos.

👉 E por que nos importa tanto a bolsa de Henry? Pois porque é un lugar pequeno e protexido, perfecto para que as carrachas e outros parásitos externos se agochen! Así que non esquezas comprobar o seu interior por se hai algún intruso.

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

⚠️ A babiose é unha enfermidade endémica en Galicia e os casos non paran de aumentar. Está causada por diversos microorg...
13/06/2024

⚠️ A babiose é unha enfermidade endémica en Galicia e os casos non paran de aumentar. Está causada por diversos microorganismos do xénero Babesia e contáxiase a través da picadura de carachas infectadas; que transmiten o microorganismo directamente ao torrente sanguíneo dos cans.

🌡 Co aumento das temperaturas, estes parásitos están máis activos e supoñen unha ameaza aínda maior para os nosos peludos.

👉 Os síntomas máis comúns son febre e anemia hemolítica, que se traduce en que o noso can está moi feble. Dependendo das características do animal, pode visibilizarse dende unha enfermidade leve ata un cadro moi grave que pode causar a súa morte.

🙏 É moi importante detectarlo a tempo e que o can reciba o tratamento axeitado.
Como sabedes, as carrachas son moi habituais na nosa zona, polo que unha rutina desparasitante axeitada é o noso maior aliado contra a babiose.

🙌 Se tes algunha dúbida sobre como protexer ao teu can, contacta con nós!

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

🧑‍⚕️ Que facer se o teu peludo ten unha pequena ferida na pel? Contámoscho! ⤵1️⃣ O primeiro é valorar a gravidade da fer...
11/06/2024

🧑‍⚕️ Que facer se o teu peludo ten unha pequena ferida na pel? Contámoscho! ⤵

1️⃣ O primeiro é valorar a gravidade da ferida. Se é algo pequeno que non pon en perigo ao animal, continúa lendo! Se non, chámanos para pedir cita e que valoremos a ferida.
2️⃣ Se a ferida é superficial e consideras que se pode tratar na casa, o primeiro que tes que facer é lavar ben as mans para manipular a zona. Se ves que o pelo pode entrar na ferida ou molesta, podes cortalo con coidado para limpar a zona. A continuación, lava ben a ferida con auga e xabón neutro para eliminar todas as impurezas.
3️⃣ O seguinte paso é desinfectar a zona. Podes usar clorhexidina ou betadine diluídos en auga a partes iguais..
4️⃣ Este paso é opcional, pero pode axilizar a cura. Pódeslle botar un pouco de crema cicatrizante, como omnimatrix ou blastoestimulina.
5️⃣ Se a ferida está nunha zona accesible para a boca do teu peludo, pódeslle poñer un colar isabelino para impedir que a lamba.

👉 Para asegurar que a ferida cure dun xeito óptimo, límpaa tres veces ao día. Se notas que empeora ou supura, pide cita na nosa clínica.

En VetCur coidamos da túa familia! 💙

Dirección

Rúa Manuel Angel Terrón, 2, Bajo
Curtis
15310

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 18:30
Martes 09:30 - 18:00
Miércoles 09:30 - 18:00
Jueves 09:30 - 18:00
Viernes 09:30 - 18:00
Sábado 10:00 - 13:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando VetCur, Clínica Veterinaria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Videos

Compartir

Categoría