Can Cat Clínica Veterinaria

Can Cat Clínica Veterinaria Por ellos! iria dios leis

Licenciada en Bioloxía e en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela. lucía garcía boedo

Veterinaria. Cert. Spec.

En can cat, con honestidad, nos sentimos responsables del bienestar de tu animal de compañía, por ello disponemos de un avanzado equipo tecnológico, personal en constante formación y unas instalaciones adapatadas a sus necesidades. carme seoane paredes

Despois de licenciarse en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela formouse en Madrid (Hospital Veterinario Mediterráneo, servizo d

e Neuroloxía do Hospital Veterinario da Universidade Complutense, servizo de Ecografia do Hospital Los Madrazo), Alacante (Centro Policlínico Raspeig), e outras cidades completando a formación en Dermatoloxía, Oncoloxía, Endocrinoloxía, Medicina de Animais Exóticos, …

Traballou en Íscar (Valladolid), Arévalo (Ávila) e, durante unha década, na clínica veterinaria Albéitar de Ávila. Ademais da formación técnica caracteriza a esta veterinaria o trato personal e a búsqueda da máxima calidade no servicio realizado coa especialización en Cirurxía Avanzada Láser.
Completou a súa formación en Lugo (no Hospital Clínico Veterinario Rof Codina) durante tres anos, como colaboradora e formando parte do programa de internado do Hospital, tamén realizou unha estancia no Hospital Exótics de Barcelona. Especializouse en Medicina Interna (Oncoloxía), Anestesia coa realizacion de diversos cursos e participación en congresos internacionais.
Posgrao en Medicina Clínica Equina en Córdoba, combinou a medicina equina e de pequenos en Andalucía. A continuación especializouse en clínica de cans e gatos en Chile. En Galicia continúa asistindo a congresos e especializándose en Anestesia, Medicina Interna e Coidados Intensivos. yolanda sánchez aldariz

Auxiliar Técnica Veterinaria. Con experiencia en clínica dende 2003. Asistiu a cursos de formación de Auxiliar, Hospitalización, Márketing e Psicoloxía e Problemas de Comportamento Caninos e Felinos. Unha gran profesional amante dos animais coa que podes contar para asesoramento do coidado da túa mascota.
daniel rodríguez tuñón

Veterinario. Especialista en Endoscopia e Cirurxía de Mínima Invasión, Cirurxía de Columna e Oftálmica, especialista experto en Ortopedia e Traumatoloxía Veterinaria. Autor de comunicacións en congresos e prensa de Traumatoloxía. Entusiasta do uso en veterinaria da impresión 3D.
flor costoya vázquez

Veterinaria. Especialista de Endoscopia e Cirurxía de Mínima Invasión en pequenos animais ( CCMI Jesús Usón). VEaMIS. Xerente da Clínica Veterinaria Peluxa, Pontevedra, ofrece servizo de endoscopia e laparoscopia ambulante.
inma fernández fritiría

Veterinaria. Encargada de realizar as ecocardiografías e asesorar sobre os tratamentos de problemas cardíacos.
tatiana pérez castro

Veterinaria. Especialista en anestesia e diagnóstico por imaxe (radioloxía e ecografía).
amanda rodríguez pereriro

Auxiliar Técnica Veterinaria.

Hixiene felina en can cat! Diferentes areas e areeiros para todas as necesidades. Pregúntanos.                          ...
13/01/2025

Hixiene felina en can cat!
Diferentes areas e areeiros para todas as necesidades. Pregúntanos.

Esta fermosa panteriña é Garfio.
09/01/2025

Esta fermosa panteriña é Garfio.

Tito sí que sabe posar! 🥰
08/01/2025

Tito sí que sabe posar! 🥰

Aquí temos a Coco, de 4 mesiños, que nos agasalla co seu agarimoso sorriso.🥹🫶Desexando verte de novo, pequecho!         ...
07/01/2025

Aquí temos a Coco, de 4 mesiños, que nos agasalla co seu agarimoso sorriso.🥹🫶
Desexando verte de novo, pequecho!

⚠️ AVISO IMPORTANTE PARA TUTELARES DE MASCOTAS 🐾A partir do 2 de xaneiro de 2025, entrará en vigor unha nova normativa (...
06/01/2025

⚠️ AVISO IMPORTANTE PARA TUTELARES DE MASCOTAS 🐾

A partir do 2 de xaneiro de 2025, entrará en vigor unha nova normativa (Real Decreto 666/2023):

🔸 Para emitir receitas veterinarias ou prescribir e administrar certos medicamentos, os animais deberán estar identificados con microchip.
🔸 Ademais, será imprescindible realizar unha revisión física do animal por parte do veterinario.
💡 Lembra que isto aplica a cans, gatos, coellos e furóns.
📌 Que podes facer?

✔️ Comproba que a túa mascota xa ten o microchip colocado.
✔️ Se aínda non o ten, póñete en contacto connosco para programar a identificación.
Estamos aquí para resolver calquera dúbida. Grazas pola túa colaboración! 💕

03/01/2025

🥣🐱 A delicia perfecta para os teus gatos!

En CanCat Veterinaria agora temos dispoñibles os sobres "sopa Y" de Gosbi, un alimento completo e delicioso, ideal para coidar a saúde e o gusto dos teus peludiños. 💜

🔹 Hidratación extra: A textura líquida axuda a manter aos teus gatos ben hidratados.
🔹 Nutrición completa: Fórmula equilibrada e adaptada ás súas necesidades.
🔹 Sabor irresistible: Porque eles tamén merecen disfrutar do seu alimento.
Para todas as idades do teu gato!

Pásate pola nosa clínica e leva o mellor para o teu gato. ¡Coida del como se merece! 🐾💧

02/01/2025

🎒🐾 Outra idea como agasallo para os amantes dos gatos!

En CanCat Veterinaria temos dispoñibles as nosas mochilas de tela, perfectas para levar aos teus peludiños a todas partes. 💜

✨ Por que escoller as nosas mochilas?

Deseños únicos e adorables 🐱
Fabricadas en materiais de alta calidade
Moi cómodas de levar
Ideais como agasallo de Reis para os amantes das mascotas

Sorprende este Nadal con un detalle práctico e especial. Pásate pola nosa clínica e descobre os deseños dispoñibles. 🎁🐾

✨💜 Grazas infinitas! 💜✨Pechamos o 2024 cun corazón cheo de gratitude pola confianza que depositastes en nós durante todo...
31/12/2024

✨💜 Grazas infinitas! 💜✨

Pechamos o 2024 cun corazón cheo de gratitude pola confianza que depositastes en nós durante todo o ano. Cada consulta, cada sorriso e cada coidado dos vosos peludiños fixeron que este ano sexa moi especial. 🐾

De parte de todo o equipo de Can Cat, desexámosvos un 2025 cheo de saúde, felicidade e moito amor compartido cos vosos mellores amigos de catro patas.

🐾💜 Seguiremos aquí para vós, sempre co mesmo compromiso e ilusión. Grazas por ser parte da nosa familia.

30/12/2024

🎁💜 Mil grazas! 💜🎁

Non podemos estar máis agradecidas a todas as persoas que vos achegastes para deixarnos estes detalles tan cheos de agarimo. Estes pequenos xestos énchennos de felicidade e fannos sentir recoñecidas e moi queridas.

🙏 De parte de todo o equipo de Can Cat, moitas grazas por ser parte da nosa familia. Seguimos aquí para vós e os vosos peludos! 🐾

Artesanía galega, tradición e innovación. En Buño, pobo oleiro da Costa da Morte,   teñen en conta ós nosos animais de c...
29/12/2024

Artesanía galega, tradición e innovación. En Buño, pobo oleiro da Costa da Morte, teñen en conta ós nosos animais de compañía nas súas xeniais creacións.
Pódenvolas facer personalizadas xa que estas obras están feitas unha a unha a man.

Matatabis!!! Os que temos gato na casa sabemos de qué se trata o tema "matatabi". Mais ideas🎁 que hai en cat cat 🐈‍⬛🐈 pa...
29/12/2024

Matatabis!!! Os que temos gato na casa sabemos de qué se trata o tema "matatabi".
Mais ideas🎁 que hai en cat cat 🐈‍⬛🐈 para a carta felina dos Reis Magos 🤴🏿🤴🏽🫅

Cánto lles gusta a caloriña ós nosos gatiños. Dos millores agasallos 🎁que podes atopar cat cat 🐈🐈‍⬛ para a carta dos Rei...
29/12/2024

Cánto lles gusta a caloriña ós nosos gatiños.
Dos millores agasallos 🎁que podes atopar cat cat 🐈🐈‍⬛ para a carta dos Reis Magos🫅🤴🏽🤴🏿.

27/12/2024

🐾 A importancia da esterilización nas mascotas 🐾

A esterilización é unha decisión clave para o benestar dos nosos peludiños. Aquí deixámosche os seus beneficios:

🔹 Beneficios para a saúde:
✔️ Reduce o risco de infeccións uterinas e tumores mamarios nas femias.
✔️ Prevén tumores testiculares e problemas de próstata nos machos.

🔹 Beneficios no comportamento:
✔️ Diminúe a agresividade e o marcado territorial.
✔️ Reduce as fugas e os comportamentos relacionados co celo.

🔹 Beneficios sociais:
✔️ Axuda a controlar a sobrepoboación e evita o abandono.
✔️ Menos animais na rúa ou en refuxios.

💡 Lembra: A esterilización non só mellora a calidade de vida da túa mascota, senón que tamén contribúe a un entorno máis saudable para todos.

Consulta co teu veterinario para máis información e acompaña ao teu mellor amigo neste importante paso. 🐶🐱


Bo Nadal a todos e todas!🌟Que teñades unha noite máxica e marabillosa en compañía das persoas e peludos que vos importan...
24/12/2024

Bo Nadal a todos e todas!🌟
Que teñades unha noite máxica e marabillosa en compañía das persoas e peludos que vos importan!💜🩷

🐰💙 TRUFO, un pequeno loitador!Trufo é un coelliño dun aniño que tivo que someterse a unha complicada cirurxía dental par...
23/12/2024

🐰💙 TRUFO, un pequeno loitador!

Trufo é un coelliño dun aniño que tivo que someterse a unha complicada cirurxía dental para salvarlle a vida. 😔 Un absceso provocado pola fractura dun incisivo estaba a destruír o óso do cranio. Tivemos que extraer todos os incisivos superiores e dous dentes accesorios.

👉 A boa nova é que Trufo poderá comer perfectamente a pesar de non ter os incisivos! Grazas á tecnoloxía da que dispoñemos, puidemos diagnosticar e abordar este grave problema da mellor maneira posible.

👏 Un agradecemento especial ás nosas anestesistas, xa que a anestesia en coellos é moi delicada, e contamos con sondas especiais para garantir a súa seguridade. Tamén queremos agradecer á súa familia pola confianza depositada en nós e darlles todo o noso apoio no postoperatorio, que requerirá coidados especiais e moitos mimos. 🥰

💪 Trufo é un exemplo de forza e superación!

📣 Aviso 🐾📅 24 e 31 de decembro⏰ Pechamos ás 14:00 h.Lembra organizar as túas visitas para que poidamos axudarche antes d...
23/12/2024

📣 Aviso 🐾

📅 24 e 31 de decembro
⏰ Pechamos ás 14:00 h.

Lembra organizar as túas visitas para que poidamos axudarche antes do peche. Estamos aquí para coidar dos teus peludiños 🐶🐱💜.

🎄 Felices festas! 🎅

Sabrina, tutora de Pancho, e a gañadora do último sorteo do bidón Gosbi!Queres ser a seguinte persoa gañadora?Participa ...
23/12/2024

Sabrina, tutora de Pancho, e a gañadora do último sorteo do bidón Gosbi!
Queres ser a seguinte persoa gañadora?
Participa coa compra de productos Gosbi!

Dirección

Restollal 15
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 19:30
Martes 09:00 - 19:30
Miércoles 09:00 - 19:30
Jueves 09:00 - 19:30
Viernes 09:00 - 19:30
Sábado 10:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Can Cat Clínica Veterinaria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contato La Empresa

Enviar un mensaje a Can Cat Clínica Veterinaria:

Videos

Compartir

Categoría

can cat cat cat

Carme Seoane Paredes

Despois de licenciarse en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela formouse en Madrid (Hospital Veterinario Mediterráneo, servizo de Neuroloxía do Hospital Veterinario da Universidade Complutense, servizo de Ecografia do Hospital Los Madrazo), Alacante (Centro Policlínico Raspeig), e outras cidades completando a formación en Dermatoloxía, Oncoloxía, Endocrinoloxía, Medicina de Animais Exóticos, … Traballou en Íscar (Valladolid), Arévalo (Ávila) e, durante unha década, na clínica veterinaria Albéitar de Ávila. Ademais da formación técnica caracteriza a esta veterinaria o trato personal e a búsqueda da máxima calidade no servicio realizado coa especialización en Cirurxía Avanzada Láser.

Iria Dios Leis

Licenciada en Bioloxía e en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela. Completou a súa formación en Lugo (no Hospital Clínico Veterinario Rof Codina) durante tres anos, como colaboradora e formando parte do programa de internado do Hospital, tamén realizou unha estancia no Hospital Exótics de Barcelona. Especializouse en Medicina Interna (Oncoloxía), Anestesia coa realización de diversos cursos e participación en congresos internacionais. Tatiana Pérez Castro Licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela