Hoxe tócanos presentarvos a Ares, abandonado estando malferido 😡
Ares foi atopado na rúa Torrente en Santiago, dentro dunha caixa de froita, tapado con bolsas de lixo e cuberto das súas propias feces. Estaba nos ósos, ferido, sen mobilidade nas patas traseiras e cheo de moscas e larvas. Non sabemos como foi a súa vida ata entón, que lle provocou esas feridas, nin como chegou a ese estado… O que está claro e que alguén, en vez de pedir axuda, decidiu deixalo así, sen proporcionarlle ningún tipo de atención veterinaria, esperando unha morte agónica… 😞
Afortunadamente alguén o atopou e procurou axuda, e con coidados e atención veterinaria, Ares recuperou axiña. Temíamos que tivese algunha lesión medular mais afortunadamente non foi así. As feridas foron recuperando, el comendo con apetito e gañando peso e forzas, e pouco a pouco recuperando tamén a mobilidade nas súas patiñas.
En pouco tempo o cambio foi espectacular e fomos descubrindo que é un can do máis adorable 🥰 Tanto que xa hai unha familia agardando por el, así que parece que polo menos a historia terá final feliz. Logo do que tivo que ter sufrido Ares, é hora de que a vida lle comece a sorrir 😁
Se alguén ten información sobre este can, sobre o que lle pasou ou de onde saiu, que se poña en contacto con nós. Deixemos de mirar para outro lado e que a xente responsable, pague as consecuencias.
#RefuxiodeBando #MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo #Boqueixón #Touro #ValdoDubra #Brión #Dodro #Padrón #Trazo
Kendra busca unha familia para sempre 💛
Kendra chegou ao Refuxio o pasado mes de setembro, logo de ser recollida na rúa de Vedra, en Santiago de Compostela. Víase que era unha gatiña máis que acostumada a estar coa xente, mais se tivo unha familia nalgún momento, esta non se molestou en buscala.
Kendra é adorable e do máis mequeira. Encántalle a xente, é bastante tranquila e calmada.
No refuxio está bastante estresada e non acaba de levar ben o de compartir espazo con outros gatos, polo que nos gustaría que puidese marchar adoptada canto antes…
Kendra merece unha oportunidade. Ten arredor de tres anos e é negativa a leucemia e inmunodeficiencia felinas. Anímaste a coñecela? 😁
Contacto:
📞 981 575957 // 646 492835
📩 [email protected]
Queres axudar cos nosos gastos?
▶️ Para facer unha doazón puntual: ES66 2080 0388 2230 4000 0891
▶️ Teaming (só 1€/mes): www.teaming.net/refuxiodebando-grupo
Máis información 👉🏼 https://refuxio.gal/
#RefuxiodeBando #MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo #Boqueixón #Touro #ValdoDubra #Brión #Trazo
#Dodro #Padrón

Tamén seguimos a buscar acollida (ou adopción!) para Donete, un dos nosos casos especiais 🧡
Donete foi recollido en moi mal estado a finais de agosto no Concello de Santiago. Apenas se podía mover, estaba deshidratado e con varias feridas, sobre todo nas patas. Semella que o pobre levaba moito tempo malvivindo na rúa e o seu corpo xa non aguantaba máis 🙁
Logo de varios días de tratamento, Donete atópase moi recuperado, pero é positivo a inmunodeficiencia felina. Ten a boca mal, un posible carcinoma no nariz, e unha malformación nunha pata dianteira provocada por unha infección. A pesar de todo, el está do máis lercho, con apetito e con enerxía. É moi agradecido, ronroneador, boíño e cariñoso 😁 Encántanlle os mecos e que lle rañen a cabeciña e o lombo, e sobre todo estar no colo. É do máis adorable 😍
Sabemos que non vai ser nada doado que poida marchar a un fogar, pero non queremos deixar de intentalo.
Coñecemos moitos gatos positivos que teñen unha vida feliz e plena nun fogar durante moitos anos. Só precisan estar algo máis vixiados.
Donete só precisa un lugar no que estar tranquilo, coidado e sentíndose querido. Logo de todo o mal que o debeu pasar na rúa, el non garda rancor ningún e pensamos que merece a mellor das familias. Alguén se anima a coñecelo e darlle unha oportunidade?
Contacto:
📞 981 575957 // 646 492835
📩 [email protected]
Queres axudar cos nosos gastos?
▶️ Para facer unha doazón puntual: ES66 2080 0388 2230 4000 0891
▶️ Teaming (só 1€/mes): www.teaming.net/
Máis información 👉🏼 https://refuxio.gal/
#RefuxiodeBando #MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo #Boqueixón #Touro #ValdoDubra #Brión #Dodro #Padrón #Trazo
Calypso está desexando que alguén se fixe nela 💜
É outra de tantas cachorriñas que chegaron ao longo deste ano e seguen buscando familia definitiva…
Calypso chegou ao Refuxio a finais de maio xunto coas súas catro irmáns, logo de seren recollidas en Santiago de Compostela. Tiñan apenas un mes de vida e todas viñan moi enfadadas 🫢 Dúas delas atoparon fogar definitivo, mais Aughra, Calypso e Leslie non conseguiron que ninguén se fixase nelas…
Calypso ademais de preciosa é do máis agarimosa e sociable. O que máis lle gusta, sen dúbida, son os mecos e estar no colo 😍 É do máis delicada á hora de pedir mecos pero, como toda cachorriña, tamén é xoguetona, curiosa e alegre.
Ten arredor de seis meses e é negativa a leucemia e inmunodeficiencia felinas. Alguén se anima a coñecela?
Contacto:
📞 981 575957 // 646 492835
📩 [email protected]
Queres axudar cos nosos gastos?
▶️ Para facer unha doazón puntual: ES66 2080 0388 2230 4000 0891
▶️ Teaming (só 1€/mes): www.teaming.net/refuxiodebando-grupo
Máis información 👉🏼 https://refuxio.gal/
#RefuxiodeBando #MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo #Boqueixón #Touro #ValdoDubra #Brión #Dodro #Padrón #Trazo
Joao é outra das nosas panteriñas invisibles para os adoptantes 🥹🖤
Joao chegou ao Refuxio a finais de xuño, logo de ser recollido xunto cos seus tres irmáns en Santiago de Compostela. Tiñan apenas dous meses de vida e todos eles eran negros. As dúas femias tiveron a sorte de marchar adoptados, mais por Paulo e Joao non preguntou ninguén… E aquí seguen, a medrar sen unha familia para sempre, sen saber o que é ter un fogar.
Sabemos que se ambos fosen doutra cor, seguramente alguén tería preguntado xa por eles. Parece que o seu carácter pasa a un segundo plano, e o único importante é o seu aspecto físico...
De todos os gatiños negros que chegaron a nós este ano, moi poucos atoparon fogares definitivos 😬 E, aínda que este ano está a ser especialmente malo para os gatiños desta cor, é algo que se repite ano tras ano…
Joao é moi curioso e sociable, alegre, xoguetón e moi ronroneador. Ademais é do máis esponxosiño e ten unha cara redonda e adorable. Encántanlle os mecos, aínda que os pide de forma tímida. Ten seis meses e lévase ben con outros gatiños. É negativo a leucemia e inmunodeficiencia felinas.
Alguén se anima a mirar máis alá desta cor e darlle unha oportunidade?

Panter segue a medrar nunha gaiola 😞
Sabemos que se Panter e os seus irmáns fosen doutra cor, seguramente alguén tería preguntado xa por eles. Parece que o seu carácter pasa a un segundo plano, e o único importante é o seu aspecto físico...
Polo feito de ser negro, pasa completamente desapercibido para os adoptantes…De todos os gatiños negros que chegaron a nós este ano, moi poucos atoparon fogares definitivos 😬 E, aínda que este ano está a ser especialmente malo para os gatiños desta cor, é algo que se repite ano tras ano…
Panter é un dos cachorros de Bonacha. Ela chegou nun avanzado estado de xestación a comezos de xuño e dos seus cinco pequenos, só 2 atoparon fogares definitivos: a carei e a siamesa. O resto, negros, seguiron medrando sen que ninguén se animase a darlles un fogar…
Panter é moi curioso e sociable, alegre, xoguetón e moi ronroneador. Encántanlle os mecos e tamén o colo. Ten case cinco meses e lévase estupendamente con outros gatiños.
Alguén se anima a mirar máis alá desta cor e darlle unha oportunidade?
Contacto:
📞 981 575957 // 646 492835
📩 [email protected]
Queres axudar cos nosos gastos?
▶️ Para facer unha doazón puntual: ES66 2080 0388 2230 4000 0891
▶️ Teaming (só 1€/mes): www.teaming.net/refuxiodebando-grupo
Máis información 👉🏼 https://refuxio.gal/
#RefuxiodeBando #MellorAdóptao #SantiagodeCompostela #Vedra #Teo #Boqueixón #Touro #ValdoDubra #Brión #Dodro #Padrón #Trazo
Cantú é outro dos nosos inmunitos adorables que busca fogar, acollida ou adopción, e parécenos incrible que ninguén preguntase por el aínda 🙁
Cantú foi recollido en maio do 2023 na rúa Coto de Veiga, en Santiago de Compostela. Viña ferido e en malas condicións, pero xa desde o primeiro momento mostrouse como un gatiño bo e sociable, acostumado a estar coa xente.
É positivo a inmunodeficiencia felina e ademais ten problemas de visión nun dos seus ollos. Todo isto non axuda a que atope un fogar, e menos nunha época onde hai cachorriños de gato por todas partes e de todos os tipos e cores… Pero Cantú é un gato espectacular que tamén merece, e desexa, a súa oportunidade 😔
A inmunodeficiencia é un virus que ataca ao sistema inmunitario do gato e fai que a súa resposta inmunitaria non sexa a adecuada, polo que son máis propensos a ter infeccións ou tardan máis en recuperar de resfriados ou diferentes problemas. Porén, isto non nos di que o gato vaia vivir menos ou que vaia estar sempre enfermo nin moito menos. Un gato, aínda que sexa positivo a inmunodeficiencia, se está ben alimentado, controlado periódicamente e coidado, pode ter unha vida como calquera outro ☺️ Polo refuxio pasaron varios gatos inmunodeficientes, que chegaron en condicións lamentables, e agora están estupendos e disfrutando dunha boa vida en familia, coidados e queridos como calquera outro.
Cantú é un gato de xente que precisa estar cunha familia que lle poida dar todo o cariño que merece. É un gato adorable que merece alguén que mire máis alá deste positivo e que o vexa como un gato estupendo que merece tamén ter unha familia.
Ten arredor de seis anos e non queremos que o seu futuro sexa vivir no Refuxio sen oportunidade de coñecer o que é ter unha familia e un fogar no que sentirse querido e arroupado. Alguén se anima a cambiarlle a vida?
Contacto:
📞 981 575957 // 646 492835
📩 [email protected]
Queres axudar cos nosos gastos?
▶️ Par